A Agrupación Folclórica ANCORADOIRA 
créase, segundo a súa acta constitucional,
 o 28 de agosto de 1990, 
co obxectivo fundamental de 
recoller, manter, espallar e fomentar 
a riqueza folclórica e cultural de Galicia ao servicio do pobo
a través, principalmente, do noso grupo de música e baile tradicional.

O noso repertorio de música e baile exténdese a máis de 40 pezas,
 as que,
 ao longo do tempo do tempo, 
perduraron no noso folclore tradicional. 
Ainda que sabemos que este traballo debe continuar,
 polo que colaboramos na recuperación e recolleita das mesmas, 
provintes de diferentes zonas da xeografía galega.

Para o fomento do folclore de Galicia, a Agrupación Folclórica ANCORADOIRA realizou un gran número de actuacións en diversos festivais, tanto dentro como fora das nosas fronteiras,
destacando as realizadas en 
Tenerife, Segovia, Cidade Real, Granada, Murcia, 
Valencia, Barcelona, Mallorca,
Albacete, Asturias, Ibiza, Madrid, Teruel, ... percorrendo casi toda a xeografía peninsular; ademáis das realizadas na Romaría Española do Condado de Kent, 
 
na Casa de Galicia e no Parlamento inglés en Londres, así como en diversos lugares de Portugal, como Ovar, Águeda, Braga, Cambra...
e otros sitios de Europa como Moscú ou San Petersburgo.

Non podemos esquecer sinalar que, desde o ano 1995,
en datas próximas ao 25 de xullo ( Día da Patria Galega ), 
celebramos os nosos Encontros Folclóricos Ancoradoira, en colaboración co Concello de Culleredo.

 



Engadir a Favoritos
Recoméndanos
Contáctenos
Páxina de inicio